Polos Creativos

 

 

No IES 12 de Outubro xa chegaron os Polos creativos!

 

E preguntaredes que é isto?

Lugares de innovación educativa que apostan por:

  • Competencia STEM
  • Co-creación
  • Solución de problemas
  • Consecución de retos
  • Pensamento de deseño
  • Aprendizaxe activa e entre iguais

 

COMO FUNCIONAN?

Como un centro de actividades no que traballar.

Os polos creativos organízanse educativamente para promover:

  • creatividade a través da superación de desafíos,
  • a consecución de proxectos,
  • resolución de problemas,
  • creación de prototipos,
  • a construción de resultados tanxibles, etc.

 

Parten dunha visión ampla integrando o coñecemento en retos tecnolóxicos e dixitais en todos os ámbitos do coñecemento (humanidades, arte, ciencias sociais e naturais, artesanía, etc.), da aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria, baseada en actividades de experimentación e investigación.

 

Funcionan como un nó para diversas actividades (AI, tecnoloxías intensivas, impresión 3D, microcontrol, IoT, robótica,...) promovendo o design thinking, a creación de prototipos, a resolución de problemas e o desenvolvemento de competencias clave.

 

PROXECTO DO CURSO 2024-2025  "ARTE NAS MANS"