CM Mecanizado
Familia: Fabricación mecánica "Información sobre Admisión e Matrícula"
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
Código: MFME01
Que se aprende a facer?
Executar os procesos de mecanizado por arranque de labra, conformado e procedementos especiais, preparando e programando as máquinas ferramenta, operando con elas e verificando o produto obtido, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.
Que ocupacións se desempeñan?
Axustador/a operario/a de máquinas ferramenta, pulidor/a de metais e afiador/a de ferramentas, operador/a de máquinas para traballar metais, operador/a de máquinas ferramenta, operador/a de robots industriais, traballadores e traballadoras da fabricación de ferramentas, mecánicos/as e axustadores/as, modelistas matriceiros/as e asimilados. Torneiro/a, fresador/a e mandrinador/a.
Cales son os módulos deste ciclo?
|
Curso |
Código |
Módulo profesional |
Horas |
Períodos semanais |
|
|
1º |
MP0004 |
Fabricación por arranque de labra |
368 |
14 |
|
|
1º |
MP0156 |
Inglés Profesional |
60 |
2 |
|
|
1º |
MP1709 |
Itinerario profesional para empregabilidade I |
107 |
4 |
|
|
1º |
MP0007 |
Interpretación gráfica |
133 |
5 |
|
|
1º |
MP0001 |
Procesos de mecanizado |
131 |
5 |
|
|
1º |
MP0005 |
Sistemas automatizados |
131 |
5 |
|
|
1º |
MP1708 |
Sostibilidade aplicada ao sector produtivo |
30 |
1 |
|
|
2º |
MO0001 |
Habilidades comunicativas en lingua extranxeira (GM) |
60 |
2 |
|
|
2º |
MO0003 |
Afondamento nas competencias profesionais (GM) |
30 |
1 |
|
|
2º |
MP0003 |
Fabricación por abrasión, electroerosión, corte e conformado, e por procesos especiais |
191 |
7 |
|
|
2º |
MP0002 |
Mecanizado por control numérico |
465 |
17 |
|
|
2º |
MP0006 |
Metroloxía e ensaios |
164 |
6 |
|
|
2º |
MP1664 |
Dixitalización aplicada aos sectores produtivos |
30 |
1 |
|
|
2º |
MP1710 |
Itinerario persoal para a empregabilidade II |
50 |
2 |
|
|
2º |
MP1713 |
Proxecto intermodular (GM) |
50 |
Que título ou acreditación se obtén?
Título de Técnico en Mecanizado.
A que outros estudos se pode acceder?
Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.
"Información sobre Admisión e Matrícula"



