24-25_ARTE NAS MANS

ARTE NAS MANS - Curso 2024/2025

 

"Arte nas mans” é unha iniciativa educativa deseñada para que o alumnado da ESO  en colaboración con outras etapas educativas, traballe de forma transversal diferentes áreas e se involucren en actividades creativas e innovadoras. No proceso aprenderán sobre oficios tradicionais e contemporáneos e a transformación da cultura ao longo do tempo.

 

POLO CREATIVO 1 - DESEÑANDO O CARTEL DO PROXECTO

 

 

 

POLO CREATIVO 2 - ÁRBORE DE NADAL

 

O alumnado traballou con axuda do profesorado, nas materias de EPVA e Tecnoloxía e a través das TICs coa impresora 3D.

Un proxecto que combina aprendizaxe e diversión, promovendo competencias STEAM, traballando por recunchos e facendo que o espírito do Nadal encha o noso Polo Creativo. ??‍?

Tiveron que deseñar unha árbore de Nadal. Sacaron fotos a todos os cursos da ESO, Bacharelato e FP e traballaronas a través dun programa específico para facer litofanías.

O alumnado de FP de electricidade e o de Fabricación Aditiva axudaron a sacar adiante este proxecto.

 

 

POLO CREATIVO 3 - DÍA DA PAZ

 

O alumnado da ESO de de FP de mecanizado traballou con axuda do profesorado, nas materias de EPVA e a través das TICs coa impresora 3D. Tiveron axuda do alumnado do Máster de fabricación Adic¡tiva.

Deseñáronse selos co logo dunha pomba e imprimíronse en TPU para poder empregar a técnica do estampado.

 

 

POLO CREATIVO 4 - SAN VALENTÍN

 

O alumnado de 3º da ESO deseñou diferentes pulseiras, pendentes e aneis para recaudar para a súa excursión de fin de curso. Empregaron para cortalos e preparalos a cortadora láser.

 

POLO CREATIVO 5 - MÁSCARA DE ENTROIDO