CS Programación da produción en fabricación mecánica
Familia: Fabricación mecánica "Información sobre Admisión e Matrícula"
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000
Código: SFME01
Que se aprende a facer?
Planificar, programar e controlar a fabricación por mecanizado e a montaxe de bens de equipamento, partindo da documentación do proceso e das especificacións dos produtos que se fabriquen, asegurando a calidade da xestión e dos produtos, así como a supervisión dos sistemas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en mecánica. Encargado/a de instalacións de procesamento de metais. Encargado/a de operadores de máquinas para traballar metais. Encargado/a de montadores. Programador/ora de CNC. Programador/ora de sistemas automatizados en fabricación mecánica. Programador/ora da produción.
Cales son os módulos deste ciclo?
|
Curso |
Código |
Módulo profesional |
Horas |
Períodos semanais |
|
|
1º |
MP0160 |
Definición de procesos de mecanizado, conformación e montaxe |
181 |
7 |
|
|
1º |
MP0164 |
Execución de procesos de fabricación |
187 |
7 |
|
|
1º |
MP0179 |
Inglés Profesional |
60 |
2 |
|
|
1º |
MP1709 |
Itinerario persoal para a empregabilidade I |
107 |
4 |
|
|
1º |
MP0007 |
Interpretación gráfica |
133 |
5 |
|
|
1º |
MP0162 |
Programación de sistemas automáticos e fabricación mecánica |
131 |
5 |
|
|
1º |
MP1708 |
Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo |
30 |
1 |
|
|
1º |
MP0166 |
Verificación de produtos |
131 |
5 |
|
|
2º |
MO0002 |
Habilidades comunicativas en lingua extranxeira |
60 |
2 |
|
|
2º |
MO0004 |
Afondamento nas competencias profesionais |
30 |
1 |
|
|
2º |
MP0161 |
Fabricación asistida por computador (CAM) |
109 |
4 |
|
|
2º |
MP0002 |
Mecanizado por control numérico |
383 |
14 |
|
|
2º |
MP0163 |
Programación da produción |
191 |
7 |
|
|
2º |
MP0165 |
Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental |
137 |
5 |
|
|
2º |
MP0167 |
Proxecto intermodular de fabricación de produtos mecánicos |
50 |
||
|
2º |
MP1665 |
Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) |
30 |
1 | |
|
2º |
MP1710 |
Itinerario persoal para a empregabilidade II |
50 |
2 |
Que título ou acreditación se obtén?
Título de Técnico superior en Programación da produción en fabricación mecánica.
A que outros estudos se pode acceder?
Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.
"Información sobre Admisión e Matrícula"




