CS Sistemas electrotécnicos e automatizados

Familia: Electricidade e electrónica                                                  "Información sobre Admisión e Matrícula"

Sistema educativo: LOE

Grao: Superior

Horas: 2000

Código: SELE01

 

Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en desenvolver proxectos e en xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento de instalacións electrotécnicas no ámbito do regulamento electrotécnico para baixa tensión (REBT). Tamén consiste en supervisar o mantemento de instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións, a partir da documentación técnica, especificacións, normativa e procedementos establecidos, asegurando o funcionamento, a calidade, a seguridade, e a conservación ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?

Este profesional exerce a súa actividade en empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, á xestión e á supervisión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas no ámbito de edificios e con fins especiais, á instalación de sistemas domóticos e inmóticos, a infraestruturas de telecomunicación en edificios, a redes eléctricas de baixa e a sistemas automatizados, tanto por conta propia como por conta allea.

 

Que ocupacións se desempeñan?

Técnico/a en proxectos electrotécnicos; proxectista electrotécnico/a; proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para vivendas e edificios; proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para locais especiais; proxectista de instalacións de iluminación exterior; proxectista de liñas eléctricas de distribución de enerxía eléctrica en media tensión e centros de transformación; proxectista en instalacións de antenas e de telefonía para vivendas e edificios; coordinador/ora técnico/a de instalacións electrotécnicas de baixa tensión para os edificios; técnico/a de supervisión, verificación e control de equipamentos e instalacións electrotécnicas e automatizadas; técnico/a supervisor/ora de instalacións de iluminación exterior; capataz de obras en instalacións electrotécnicas; xefe/a de equipo de instalación de baixa tensión para edificios; coordinador técnico de redes eléctricas de baixa tensión e iluminación exterior; técnico/a en supervisión, verificación e control de equipamentos en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; capataz de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; encargado/a de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; xefe/a de equipo de instalación en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; xestor/ora do mantemento de instalacións eléctricas de distribución e iluminación exterior.


 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso

Código

Módulo profesional

 

Horas

Períodos semanais

MP1709

Itinerario profesional para a empregabilidade I

 

107

4

MP0517

Procesos en instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións

 

158

6

MP0520

Sistemas e circuítos eléctricos

 

184

7

MP0521

Técnicas e procesos en instalacións domóticas e automáticas

 

213

8

MP0518

Técnicas e procesos en instalacións eléctricas

 

206

8

MP0179

Inglés profesional

   60

2

MP1708

Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo

   30

1

MO0002

Habilidades comunicativas en lingua extranxeira (GS)

  60

2

MO0004

Afondamento nas competencias profesionais (GS)

  30

1

MP0523

Configuración de instalacións domóticas e automáticas

 

191

7

MP0524

Configuración de instalacións eléctricas

 

191

7

MP0522

Desenvolvemento de redes eléctricas e centros de transformación

 

191

7

MP0519

Documentación técnica en instalacións eléctricas

 

138

5

MP0526

Proxecto intermodular de sistemas electrotécnicos e automatizados

 

50

 

MP0602

Xestión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas

 

109

4

MP1665

Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS)

 

30

1

MP1710

Itinerario persoal para a empregabilidade II

 

50

2

 

Que título ou acreditación se obtén?

Título de Técnico superior en Sistemas electrotécnicos e automatizados.

 

A que outros estudos se pode acceder?

Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.

              "Información sobre Admisión e Matrícula"