FPB - Peiteado e estética

Familia: Imaxe persoal

Sistema educativo: LOE

Grao: Profesional básico

Horas: 2000

Código: BIMP01

 

Que se aprende a facer?

A competencia xeraldeste título consiste en aplicar técnicas de limpeza e cambios de forma e cor do cabelo, así como técnicas básicas de maquillaxe, depilación, manicura e pedicura, atendendo á clientela e preparando os equipamentos, os materiais e as aéreas de traballo con responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

Este profesional exerce actividades por conta allea en salóns de peiteado e de beleza, en salas de peiteado e/ou estética, en ximnasios ou centros de beleza de hoteis, residencias de persoasmaiores, hospitais e balnearios, baixo a supervisión de persoal técnico responsables. Tamén poden realizar de xeito autónomo servizos básicos de peiteado, manicura e pedicura, depilación e maquillaxe.

 

Que ocupacións se desempeñan?

Auxiliar de peiteado; axudante de manicura e pedicura; axudante de maquillaxe; auxiliar de depilación.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso

Código

Módulo profesional

 

Horas

Períodos semanais

MP3065

Cambio de cor do cabelo

 

150

5

MP3009

Ciencias aplicadas I

 

175

6

MP3011

Comunicación e sociedade I

 

206

7

MP3062

Depilación mecánica e descoloración da peluxe superflua

 

117

4

MP3064

Lavado e cambios de forma do cabelo

 

175

6

MP3060

Preparación do contorno profesional

 

87

3

MP3005

Atención á clientela

 

58

3

MP3042

Ciencias aplicadas II

 

162

7

MP3061

Coidados estéticos básico de uñas

 

135

6

MP0757

Formación en centros de traballo

 

320

 

MP0749

Maquillaxe

 

218

9

 

Que título ou acreditación se obtén?

Título Profesional básico en Peiteado e estética.

 

A que outrosestudos se pode acceder?

Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das seguintes familias profesionais:

  • Hostalaría e turismo
  • Imaxe persoal
  • Industrias alimentarias