Arantza Portabales
Tivemos a honra de contar coa presenza dunha das grandes voces da literatura negra contemporánea, Arantza Portabales . Autora de éxito con máis de 130.000 lectoras, dama das tramas intricadas e das emocións a flor de pel, Arantza conquistou os nosos corazóns non só polas súas novelas, senón tamén pola súa humanidade.
Porque máis alá das páxinas e dos crimes por resolver, é unha muller próxima, e cun sentido do humor que ilumina calquera conversa. A súa capacidade para conectar coas lectoras e lectores, para escoitar e compartir, é tan poderosa como a súa pluma.







