Enquisas PLEA

Estimadas familias, alumnado e profesorado:

O noso centro está a participar na elaboración do Plan de Lectura, Escritura e Acceso á Información (PLEA) da Xunta de Galicia. Este plan obrigatorio e implimentado dende o Ministerio de Educación ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento das competencias comunicativas e informacionais de toda a comunidade educativa, reforzando a lectura e a escritura como ferramentas fundamentais para aprender, expresarse e medrar.

Para poder deseñar un plan que responda realmente ás necesidades do noso centro, precisamos contar coa vosa colaboración a través dunhas enquisas sinxelas. Cubrilas facilitará moito a tarefa para a elaboración do documento,  cada resposta axudará a coñecer mellor a realidade, detectar o que xa facemos ben e identificar os ámbitos nos que podemos avanzar.

A vosa participación é esencial. Grazas ao voso compromiso poderemos construír un proxecto máis rico, inclusivo e adaptado ás persoas que formamos parte da comunidade educativa.

Acceso a información PLEA

ENQUISA FAMILIAS

ENQUISA PROFESORADO

ENQUISA ALUMNADO