Seminario de Estudos Galegos
Hoxe venres 10 de outubro (2025), descubrimos unha placa que conmemora o nacemento do Seminario de Estudos Galegos, unha institución que marcou un fito na investigación, na cultura e na defensa da identidade de Galicia.
Este acto non pretende fixar unha única lectura sobre o que representa esta xornada. Pola contra, queremos abrir espazos de reflexión sobre como unha mesma data pode acoller significados diversos, incluso contraditorios. O 12 de outubro é, para uns, símbolo da chegada a América; para outros, de colonización; e para nós, tamén, de creación intelectual e compromiso co país.
Así como a ensinanza non é un proceso estanco, senón dinámico, plural e en constante evolución, tamén as datas poden ser reinterpretabas á luz do coñecemento, da historia e da conciencia crítica. O Seminario de Estudos Galegos naceu nun tempo de esperanza e construción, e hoxe evocámolo como exemplo de diálogo entre saberes, de apertura ao mundo desde a raíz galega.
Con esta placa, non só lembramos un feito histórico, senón que reafirmamos o noso compromiso coa educación como ferramenta de transformación, e coa memoria como acto de xustiza e de futuro.








