Olga Novo

CHARLA DE OLGA NOVO (23 de maio de 2022)

Cando se fala de Olga Novo mencionase sempre o seu Premio Nacional de Poesía en 2020 por Feliz Idade, sucedendo a outra galega Pilar Pallarés no 2019.  Non chegan a dez as que mulleres recibiron este premio dende 1977 e dúas son galegas o que fala da nosa importante tradición literaria. Tradición que afunde as súas raíces na Idade Media, e que ten capítulos marabillosos con Rosalía e o Rexurdimento, Olga é unha marabillosa continuación deste legado. A escritura de Olga Novo vai máis aló dos premios dálle voz á terra e ós personaxes secundarios, campesiños, traballadores, humildes, e está cargada de memoria. Non estamos aquí para pasar páxina senón para ler a páxina que nos pasaron. Porque a súa herdanza esta feita de lama e aldea pero unindo vangarda e a suposta alta cultura coas raíces. Porque a poesía precede o poema, grazas Olga.

Fotos do evento