Batalla de Galos

O pasado venres (13/2/2026) a biblioteca encheuse desa enerxía única que só nace cando a palabra se converte en arte. Celebramos o Día da Radio cunha batalla de galos, moito máis ca unha loita verbal, son un espazo onde a creatividade, o ritmo e a poesía se mesturan para demostrar que a cultura urbana tamén é literatura viva, pensamento rápido e emoción compartida.

Cada verso improvisado é unha faísca de talento, unha mostra de que a mocidade ten voz, ten mensaxe e ten unha maneira propia —e poderosa— de expresarse. O que vimos hoxe non foi só un espectáculo: foi unha celebración da linguaxe como ferramenta de identidade.

E se algo nos enche especialmente de orgullo é saber que entre os artistas estaba Claudio exalumno do noso centro. Ver como medra, evoluciona e leva o seu talento máis alá das aulas é unha lembranza do que significa educar: acompañar camiños que, tarde ou cedo, acaban por facerse eternos.

Ver o vídeo