ELENA OJEA PUBLICA "CUENTOS FEMINISTAS"

É un motivo de orgullo para todo o centro que unha editorial do prestixio de Edelvives encargase a recompilación de contos feministas a Elena Ojea, profesora de Lingua Castelá no 12. Hoxe celebramos a presentación do libro no Salón de Actos.

Pasou máis un século desde que Emilia Pardo Bazán escribise os seus contos, pero a temática das súas obras curtas continúa estando de actualidade. Os abusos, os malos tratos, a violencia machista ou a inferioridade outorgada á muller seguen sendo, desgraciadamente, día a día, noticia nos xornais.

O centro puxo en marcha este ano un ambicioso plan de igualdade que ten como obxectivo mover ao conxunto da comunidade educativa a reflexionar sobre os prexuízos nos que todos e todas fomos educados e que seguen transmitindo, os medios de comunicación, o cine, a publicidade, a literatura ou incluso o ensino.
Esa reflexión era a que xa facía Dona Emilia nos seus textos. Emilia Pardo Bazán adoptara unha lema en latín, De bellum luce, a luz na batalla, que durante anos encabezou as súas cartas e algúns dos volumes das súas Obras completas. Unha auténtica declaración de principios. A loita por defender os dereitos dun colectivo aos muros dunha sociedade pechada e opresiva.

Dona Emilia Pardo Bazán foi unha muller contraditoria, adiantada ao seu tempo, nela combináronse as tradicións conservadoras (nacida nunha contorna aristocrática, cunha educación esmerada e un guion social escrito) e o feminismo; o pensamento progresista e a fe católica; a política liberal e o carlismo. Porque nesta sociedade actual, de extremos, Dona Emilia ensínanos que non todo é branco ou negro que nos matices está o crecemento persoal. Definitivamente, gañou a batalla de alumearnos no camiño a seguir.A nosa compañeira

 

 

Artículo de Xuño (2021)

Elena Ojea, profesora de Lingua no IES 12 de Outubro publica "Cuentos feministas", unha edición crítica dos contos de Emilia Pardo Bazán.

Noticia na Voz de Galicia: enlace

Entrevista en Efeminista: enlace